Oroso acolle o espectáculo “A maxia de Carlos Casares”, do ilusionista Martín Camiña

0

Oroso, 19 de maio do 2017 –  O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acolle esta tarde, ás 18:00 horas, o espectáculo “A Maxia de Carlos Casares”, do ilusionista Martín Camiña. Unha actuación dirixida especialmente a nenos e nenas maiores de 6 anos e de entrada totalmente libre e de balde.

“A maxia de Carlos Casares” é un espectáculo máxico e literario, cargado de ilusións sustentadas na narrativa, ensaio e as sorpresas da vida e a obra de Carlos Casares. Desde “Vento ferido” ata “O sol do verán”, pasando por “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”, Martín Camiña xera unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.

Con esta actuación, o Concello de Oroso pecha o seu programa especial das “Letras Galegas 2017”, á espera da resolución do XII Concurso de Marcapáxinas. Un programa que incluíu tamén o espectáculo “Mergullámonos?”, unha actividade de narración oral, música e danza a cargo de Andrea Vázquez.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies