Oroso acolleu os mellores benxamíns de tenis de mesa de España

0

O encontro estivo organizado pola Real Federación Española de tenis de mesa

oroso-xogadores-tenis-mesa-espana-slide-13-septiembre-2016_rOroso, 13/09/2016 – A Real Federación Española de Tenis de Mesa escolleu Oroso como sé dunha concentración do Programa Minispin, na que participaron algúns dos mellores xogadores españois da categoría benxamín, promesas candidatas a formar parte da Selección Española. Uns rapaces e rapazas seleccionados polas súas respectivas comunidades autónomas e que se concentraron durante a semana pasada baixo as ordes dos adestradores nacionais Valeri Malov (Oroso TM) e Fran Berzosa (Clínica Colina Burgos), coa colaboración de Marcos Sanmartín.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde, foi o encargado de darlles a benvida aos participantes, interesándose pola traxectoria dos distintos xogadores e aproveitando a ocasión para poñer a disposición da Real Federación Española de Tenis de Mesa as instalacións orosás de cara a futuros eventos ou actividades da entidade.

Do 6 ao 9 de setembro, os xogadores realizaron unha dobre sesión diaria de adestramentos, facendo traballo intensivo de corrección xestual, multibolas, saques e outros aspectos técnicos e tácticos. Ademais, grazas á colaboración do Concello de Oroso, os participantes tiveron á súa disposición as instalacións da piscina municipal e outros espazos deportivos do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial