Oroso acomete melloras na urbanización Porto Avieira

0

Oroso, 31 de outubro do 2018 O Concello de Oroso iniciou diferentes traballos para mellorar o asfaltado e os accesos á urbanización Porto Avieira, ademais de renovar a súa rede de saneamento.

Os traballos de renovación da rede de saneamento comezaron en Porto Avieira  pola rúa Celso Emilio Ferreiro, ademáis de obras de asfaltado na rúa María Casares, unha das arterias de acceso á urbanización Porto Avieira que se doatará dunha nova capa de rodadura e bituminosa.

O investimento en ambos traballos será de 156.505 euros. “Cada ano levamos a cabo obras de mellora en todo o municipio, atendendo as demandas veciñais”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Os traballos de asfaltado e aglomerado continuarán nos próximos meses, “xa que é un proceso constante que nunca remata, temos que renovar as vías de comunicación para mellorar a vida dos nosos veciños e a súa seguridade viaria”, engade Mirás.

O Concello de Oroso ten un orzamento municipal para o ano 2018 de 6.867.713 euros, dos que destina o 28% a novos investimentos e infraestruturas (1.923.189 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial