Acordo de lexislatura en Oroso

0

Oroso, 30 de decembro do 2019 – Psoe e BNG veñen de asinar un acordo programático no que ” as políticas sociais e a mellora dos servizos públicos como prioridades de goberno.

O acordo contempla 80 medidas que amplian e concretan o acordo de investidura acadado no pasado mes de xuño. O acordo foi asinado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, en representación dos seis concelleiros e concelleiras socialistas, e pola concelleira nacionalista Isabel Fernández.

Acordo programático en OrosoEntre as medidas, está o obxectivo de continuar coa rede de sendas peonís en todas as parroquias, a reurbanización da avenida da Grabanxa, rematar as modificacións que están en marcha do PXOM, dar un novo impulso ao polígono San Martiño II, e diferentes inciativas en favor da igualdade e o ensino público. “Os socialistas traballamos sempre pola igualdade de oportunidades e os servizos públicos, polo que foi doado atopar puntos de encontro co BNG para este acordo programático”, afirma Manuel Mirás.

Haberá tamén unha nova ordenanza de axudas de emerxencia social, programas de conciliación familiar, iniciativas en materia de emprego, promoción turística, xuventude e numerosas actividades para dinamizar as parroquias.

“Os primeiros meses de lexislatura reflicten que o acordo é positivo para os veciños e veciñas de Oroso, e durante os próximos meses seguiremos a traballar para o seu benestar”, engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial