Oroso aproba por unanimidade a actualización das ordenanzas da auga, saneamento e axuda no fogar

0

Oroso, 10 de novembro do 2017 – O pleno municipal do Concello de Oroso aprobou por unanimidade a actualización das ordenanzas municipais das taxas por abastecemento de auga potable, saneamento de auga e prestación do servizo de axuda no fogar. Unhas ordenanzas que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xaneiro de 2018.

Nunha sesión rápida e sen debate, o pleno acordou fixar as novas tarifas de abastecemento de auga para aboados domésticos en 0,379362647 euros/m3 (de 0 a 10 m3/mes) e 0,478148095 euros/m3 (máis de 10 m3/mes) e para abonados industriais en 0,379362647 euros/m3 (de 0 a 10 m3/mes) e 0,557839436 euros/m3 (máis de 10 m3/mes).

No caso da taxa polo servizo de sumidoiros e depuración, a limpeza de fosas sépticas será de 39,779375452 euros por limpeza mentres que os aboados só ao servizo de saneamento achegarán unha cota trimestral de 9,9448433889 euros. Para os aboados ao servizo de auga, as taxas para aboados domésticos é de 0,331229599 euros/m3 (de 0 a 10 m3/mes) e 0,417418244 euros/m3; mentres que para os abonados industriais será de 0,331229599 euros/m3 m3 (de 0 a 10 m3/mes) e 0,487695165 euros/m3 (máis de 10 m3/mes).

Tamén se aprobou por unanimidade a ordenanza municipal do Servizo de Axuda no Fogar, que pasa a ser asumido polo propio Concello de Oroso para poder manter as liñas de axuda da Deputación da Coruña. Finalmente, o pleno aprobou a Conta Xeral de 2016 cos 8 votos a favor de PSOE e BNG fronte aos 5 votos en contra do PP e Anova.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies