Oroso adapta o PXOM ao trazado do Camiño Inglés

0

Oroso, 20 de febreiro do 2019 – O concello de Oroso ven de modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés.

A modificación puntual do XOM  permitirá tamén o estudo detido e a protección de novos vestixios arqueolóxicos que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta atopou no Concello de Oroso. Según o alcalde, Manuel Mirás, “O plan xeral é un documento que imos modificando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños, a configuración dos núcleos de poboación no concello e as comunicacións”.

Esta nova modificación do PXOM servirá para modificar e ampliar varios núcleos de poboación en diferentes parroquias do municipio, adaptando a redacción do texto ás necesidades dos veciños e veciñas. O pasado mes de setembro de 2018, o pleno do Concello de Oroso aprobou provisionalmente outra modificación puntual do Plan para posibilitar un cambio nas ordenanzas municipais, naquel caso para eliminar a zona saturada de ruídos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial