Oroso adxudica a recollida de lixo a unha nova empresa que manterá os postos de traballo

0

Oroso, 5 de setembro do 2018 – O concello de Oroso adxudicou a unha nova empresa o servizo de recollida e transporte de lixo que garante os postos de traballo actuais.

A nova adxudicación chega despois de que a empresa que recollía o lixo ata o de agora comunicará que non podía cumprir o contrato por problemas económicos. Según o alcalde Manuel Mirás  “Tras ter coñecemento deste problema, adxudicamos con rapidez o traballo a outra compañía, xa que falamos dun servizo básico e non queremos prexudicar aos veciños. A nova adxudicataria asume a maquinaria e os postos de traballo vixentes, polo que comezará a traballar o mesmo día que deixe de facelo a empresa que estaba ata o de agora; os veciños e os establecementos comerciais non notarán o cambio”.

O procedemento de adxudicación foi autorizado pola intervención e a secretaría do concello e terá, de saída, unha duración de 20 meses. Según Mirás  “optamos por un procedemento de cesión para non ter que interromper o servizo nin tan sequera uns días, a continuación da prestación era de interese público e actuamos con dilixencia para que a recollida de lixo continúe”. O cambio efectivo de empresa adxudicataria realizarase nos próximos días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial