займ срочно

Andaina solidaria en Oroso a favor de Asanog

0

Oroso, 10 de outubro do 2019 – O concello de Oroso e ASANOG, Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, organizan este domingo unha andaina solidaria para recadar fondos.

ASANOG é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familia.

O mesmo día recolleranse donativos. Haberá auga e froita na metade do camiño e o Deportivo da Coruña aporta unha camiseta firmada polos xogadores para sortear.

A saída será as dez e media da mañá da praza Isaac Díaz Pardo e terá un percorrido de 5 kilómetros. As inscricións están abertas no 981927901 e no correo deportes@oroso.gal.  

Equip@te, Eco, Sousas, ImaxSon, Xardein Senra e Supermercados Familia colaboran tamén con esta causa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies