займ срочно

Oroso anticipa a Festa da Troita en Betanzos

0

Oroso, 6 de maio do 2018 – Antes de que a próxima fin de semana comece a Festa da Troita, Oroso foi a promocionala a Feira Primavera no Camiño Inglés celebrada en Betanzos.

Betanzos foi de novo o epicentro do Camiño Inglés coa celebración desta feira, que reuniu por segunda vez aos dezaoito concellos coruñeses polos que discorre este itinerario xacobeo (Oroso, Santiago, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía e Ordes). Durante a xornada, Oroso deu a coñecer os seus múltiples atractivos turísticos, gastronómicos e artesanais. Houbo dúas degustacións de troitas e estivo tamén a empresa de artesanía Zoclos, nunha xornada que serve de ensaio para o prato forte dos días 11, 12 e 13 de maio. “Coa festa da Troita, a semana que vén Oroso é a capital da gastronomía e da festa en Galicia”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

O concelleiro de Turismo, Antonio Leira, destacou o potencial do Camiño Inglés e o traballo do concello na súa revitalización con iniciativas como o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés). Lembrou ademais “a crecente dimensión internacional da ruta”, que o ano pasado percorreron máis de 11.300 peregrinos. Na Festa da Troita, o Concello de Oroso espera máis de 30.000 visitantes, cun amplo programa de actividades para todas as idades que comeza o venres 11 pola noite. “Oroso está no mapa turístico de Galicia, fixemos un gran esforzo de promoción e desde hai anos chegaron os resultados”, engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies