Oroso abre a piscina municipal priorizando a seguridade

0

Oroso, 22 de xuño do 2020 – O concello de Oroso abre hoxe luns a piscina municipal con distintas medidas de seguridade e aforo limitado.

A piscina de Oroso recibiu recentemente distintas reformas das que a máis importante é unha nova cuberta que permitirá o uso da instalación incluso en días de mal tempo.

A outra novidade é que o acceso será de balde, con preferencia dos veciños do concello, e as novas normas de uso. O concelleiro de deportes, Antonio Leira, explica que “O concello ten como obxectivo que a veciñanza disfrute da piscina respectando as normas derivadas do Coronavirus, xa que a saúde é o primeiro a día de hoxe”.

Oroso abre a piscina municipal priorizando a seguridadeReserva previa e aforo

As reservas faranse mediante unha aplicación ou vía web previo rexistro no sistema. Tamén se poderá acceder a instalación de xeito directo sempre que non se chegara ao aforo permitido. Haberá dúas quendas a elixir: de 11:00 a 15:45 e de 16:00 a 21:00 horas.

A entrada ás instalacións realizarase tendo en conta o seu aforo e sempre respectando unha distancia preventiva mínima de polo menos 1,5 metros. Estas medidas aplicaranse especialmente na zona de recepción, os vestiarios e as duchas.

Para o acceso, colocaranse bandas no chan de recepción que marquen as distancias mínimas (1,5 metros) entre as persoas que esperan no mostrador. Na zona de céspede delimitaranse tamén zonas mediante frechas ou conos de sinalización.

Unha vez completo o aforo establecido, o usuario non poderá acceder á instalación ata que non saian outros usuarios. Será o socorrista ou o persoal que designe o xestor da instalación o responsable de supervisar o número de persoas e de restrinxir os accesos.

Ademais, o concello porá a dispor dos usuarios sistemas para a desinfección de mans á entrada da instalación e unha zona de limpeza e desinfección.

Como outros anos, o Concello programa cursos de natación para nenos/as de 4 a 16 anos, empadroados en Oroso e en grupos reducidos. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño e os cursos levaranse a cabo do 6 ata o 31 de xullo.

Negreira

piscina negreiraA de Oroso non é a única piscina que abre xa que a de Negreira tamén o fará hoxe luns. En este caso trátase da piscina climatizada de Pedra Mámoa. O horario será de 10 a 13 horas e existe un número de teléfono para aclarar dúbidas sobre o uso da instalación, o 981 885 675.

Ames

piscina amesPola súa banda Ames decidiu abrir as dúas piscinas descubertas do concello o 1 de xullo. Este ano non se venderán entradas polo que será preciso ter o carne de usuario. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal

O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas estarán abertas en horario de 11.00 a 21.00 horas e ata o 15 de setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial