займ срочно

Oroso reclama máis apoio de Medio Rural para retirar os niños de velutina

0

Oroso, 30 de agosto do 2018 – O Concello de Oroso critica que a Consellería de Medio Rural presuma da súa xestión dos problemas xerados  vespa velutina pero non colabore na retirada dos niños máis complexos.

Oroso é concello colaborador do programa de seguimento e control da velutina posto en marcha pola Consellería de Medio Rural. A Xunta entregoulle un buzo de seguridade e unha pértega, pero son os voluntarios de Protección Civil de Oroso os que retiran os niños. Recentemente, Oroso detectou un niño de velutinas na parroquia de Senra, pero a unha altura á que non chega Protección Civil co material doado por Medio Rural. Foi entón cando o concello chamou a Tragsatec, empresa que traballa coa Xunta nas retiradas, quen dixo que non podía acudir.

Desde Protección Civil explican o sucedido “Dixéronnos que ao ser concello colaborador, non poden retirar o niño, que só traballan nos concellos que non forman parte do programa de control da Xunta, pero nós non temos medios para retirar o niño. Co material que entrega a Xunta non podemos retirar o niño, pero se a empresa coa que traballa Medio Rural nos dí que non pode vir porque estamos no programa de seguimento de Medio Rural, que solución temos? É unha situación difícil de entender”

O  niño está nun lugar de paso de persoas e hai que retiralo o antes posible. Só desde maio, Protección Civil de Oroso retirou 40 niños de velutinas “Aínda que despois sexa a Xunta a que presuma das cifras, somos os voluntarios de Protección Civil dos concellos os que retiramos os niños, o único que pedimos a cambio é axuda nos casos complicados”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies