Oroso aproba as obras do POS+ 2019

0

Oroso, 20 de decembro do 2018 –  O Concello de Oroso aprobou nun pleno extraordinario as obras do POS+2019, que suporán un investimento de 711.925 euros no municipio.

O POS+ 2019 destinarase a mellorar a rede viaria, o saneamento e a rede de abastecemento, entre outros proxectos. O alcalde Manuel Mirás explicaba que “O rural do concello recibirá unha parte moi importante dos investimentos, que tamén se destinarán a melloras en Porto Avieira, a facer unha nova senda peonil e a traballos en Sigüeiro”.

As obras incluídas son a ampliación de rede de saneamento desde o núcleo de poboación de Os Carballos ata Vilar de Arriba, en Deixebre (139.241,39 euros), e a mellora da rede viaria nos lugares de Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), rúa Telleira, rúa Toxeira, avda. Compostela e rúa Portiño, en Sigüeiro (122.557,19 euros).

O Concello tamén mellorará a rede viaria nos lugares de A Igrexa e Cas (Os Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa, en Trasmonte (275.672,04 euros), e a rede viaria nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e Carollo e Requeixo, en Cardama (138.309,11 euros).

Por último, as obras que o Concello de Oroso inclúe no POS + 2019 servirán para a ampliación de rede de abastecemento de auga desde o núcleo de poboación de Sar ata o núcleo de poboación de Cabanas, en Os Ánxeles (36.146,61 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial