Oroso aproba as subvencións dirixidas a entidades sociais

0

Oroso, 28 de decembro do 2018 – Un total de 123.000 euros en subvencións repartirá o concello de Oroso entre as entidades que traballan no eido dos deportes, a cultura ou a asistencia social.

Repartiranse 15.000 euros de subvencións a asociacións que traballan na área de participación cidadá; 65.000 euros a entidades deportivas; 11.000 euros para actividades relacionadas con educación; 4.000 na área de asistencia social, e 28.000 para entidades do eido da Protección Civil. O alcalde Manuel MIrás explicaba que  “Trátase en todos os casos de asociacións que coñecen ben o tecido social de Oroso e fan unha boa labor, involucrando á cidadanía e mellorando os seus servizos”, asegura o alcalde, Manuel Mirás

Ás actividades que realizan estas entidades están á marxe das partidas que destina o Concello anualmente a organizar de forma directa programas culturais, de conciliación da vida laboral e familiar, as actividades para maiores ou as actividades en centros veciñais e parroquias.

A maior partida é para os deportes xa que se trata dunha das actividades más descentralizadas do Concello, debido á existencia de numerosos clubs. Non pasa así na cultura ou a asistencia social, onde a maior parte dos programas os asume directamente o concello.

“O tecido asociativo, as entidades que traballan para a cidadanía, son un activo hoxe en día para calquera concello; afortunadamente, en Oroso temos moita xente organizada que desenvolve actividades pensando no ben común”, engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial