Oroso aproba un orzamento próximo aos 7 millóns de euros

0

Oroso, 9 de febreiro do 2018 – 6.867.713 euros e o orzamento para o ano 2018 aprobado no día de onte no concello de Oroso o que supón un crecemento da case un doce por cento con respecto ao ano anterior.

O alcalde Manuel Mirás destacou do orzamento o esforzo por aumentar o gasto social sen subir os impostos “incrementamos o gasto en servizos sociais, sobre todo en partidas como a de asistencia e axuda no fogar, sen ter que subir os impostos que pagan os nosos veciños e as empresas”.

O portavoz socialista, Antonio Leira, calificou as contas de “realistas e responsables, temos que estar moi satisfeitos pola subida dos investimentos nun momento de tantas restricións por parte do Goberno central”.

O orzamento ademais de esa subida xeral dun 11,59% destina un 28%, cerca de dous millóns de euros, a investimentos. Para este exercicio destacan os traballos de mellora e acondicionamento do campo de fútbol de Oroso (502.530 euros); as obras na cuberta da piscina municipal (210.475 euros); o abastecemento de auga e saneamento en Piñeirón, parroquia de Gándara (210.586 euros); a ampliación da rede de abastecemento de auga nas parroquias (87.034 euros), e as melloras na rede viaria (400.000 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial