Oroso aproba uns orzamentos de máis de sete millóns de euros

0

Oroso, 29 de marzo do 2019 – O Concello de Oroso aprobou en pleno un orzamento municipal para o presente exercicio de 7.660.264,14 euros, o que supón un aumento de case un 12%.

O orzamento aumenta o  gasto en servizos básicos no centro urbano e nas parroquias un 12,19% con respecto ao ano pasado e chega aos 2.157.627 euros (un 28% dos orzamentos). Según o alcalde, Manuel MIrás, “Queremos dar resposta ás demandas veciñais e continuar co noso plan para mellorar as infraestruturas e humanizar o concello”.

O gasto en persoal sube un 4,6% pola nova praza de Policía Local e a actualización da masa salarial, mentres que o gasto corrente aumenta máis dun 15%, sobre todo no capítulo de servizos sociais e no referido ás subvencións que o concello destina a entidades deportivas e culturais.  

Polo que respecta aos ingresos correntes, soben só un 4%, “precisamente por manter esa presión fiscal baixa”, mentres que os ingresos de capital se incrementan un 40%, ata os 645.082 euros, polas transferencias recibidas do Plan Único da Deputación da Coruña.

Na defensa dos orzamentos, Mirás destacou que “as contas deste ano son realistas e responsables, pero tamén ambiciosas, temos que estar moi satisfeitos pola nova subida dos investimentos nun momento de tantas restriccións por parte do Goberno central”.

“Baixan os gastos e os pasivos financeiros, os gastos de persoal só supoñen un 19,74% no Concello de Oroso, continuamos coas bonificacións fiscais para atraer novos investimentos empresariais, sempre e cando xeren emprego, e temos agora mesmo un nivel de débeda moi baixo”, rematou o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial