займ срочно

Oroso aprobou o destino de máis dun millón de euros

0

Oroso,  2 de febreiro do 2021 – O concello de Oroso aprobou en pleno o destino de máis dun millón de euros dos plans de obras egasto social da Deputación da Coruña.

Os proxectos e destino dos cartos foron aprobados nunha comisión informativa extraordinaria de asuntos xerais. O pleno municipal de Oroso, que se celebra este xoves, terá que aprobar tamén estas partidas.

Gasto social

Este ano de forma excepcional os plans da Deputación inclúen unha partida especifica que se destina a gasto social. No caso de Oroso supón 142.710,20 euros que se destinarán a axudas ás familias e colectivos en risco de exclusión, medidas de conciliación, adquisición de material de protección Covid-19 (EPI), material escolar ou tarefas de desinfección nos centros educativos.

Obras

Á marxe deste orzamento social, o concello destinará máis de 800.000 euros a diferentes obras, como a mellora da rede viaria nos lugares de A Igrexa e Bouzalonga; o asfaltado da pista que vai de Recouso á estrada provincial DP-3802 (Marzoa); á construción dunha ponte sobre o río Carboeiro en Berdomás (Gándara), e á ampliación das beirarrúas na marxe esquerda da Avenida de Compostela.

Oroso tamén humanizará e renovará o tramo este da rúa do Campo, en Sigüeiro; ampliará a calzada do vial que une os núcleos de Requeixo e Eirís (Cardama); acometerá un proxecto de saneamento e abastecemento de auga no núcleo de Os Carballos (Deixebre); e mellorará a eficiencia enerxética na urbanización Porto Avieira.

O concello dedicará tamén unha pequena partida a gasto corrente. O alcalde da vila, Manuel Mirás, explica que “Todas as obras dan resposta ás demandas veciñais e ao noso obxectivo de renovar os servizos básicos e os infraestruturas do concello de forma continua, tanto no casco urbano como nas parroquias”.

Mirás lembrou tamén o traballo realizado desde o comezo da crise sanitaria “os concellos estamos en primeira liña de atención aos veciños desde o comezo da pandemia, de aí a necesidade tamén de reforzar o gasto social”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies