займ срочно

Oroso asume a antiga estación de carga do ferrocarril en Trasmonte

0

Oroso, 19 de febreiro do 2020 – O concello de Oroso ven de incluir no inventario de bens municipais a vella estación de carga do ferrocarril situada en Trasmonte.

O concello asume así a antiga vivenda do xefe de estación, que servía de despacho de billetes, e un almacén próximo ademais do terreo que o rodea. A intención de uso para o edificio de Trasmonte e destinalo a hostalería, servizos sociais ou de outro tipo.

O edificio está situado nos terreos polos que pasará a Vía Verde que unirá Santiago con Cerceda. O Concello de Oroso ten planificada a posta en marcha na zona dunha estación de carga de bicicletas eléctricas. Por outra parte, o concello solicitou tamén a Adif poder facerse cargo do almacén doutra das estacións que había no municipio, a de Vilacide-Oroso. En canto consiga a cesión, pretende destinalo a usos culturais ou recreativos.

antiga estación de carga do ferrocarril en Trasmonte“Son novidades importantes para o noso concello, xa que a Vía Verde impulsará as zonas nas que están ubicadas as vellas estacións e queremos sacar proveito aos edificios con proxectos para a veciñanza”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, un dos grandes impulsores do sendeiro.

As obras, das que se fará cargo a Deputación da Coruña con 1,86 millóns de euros de fondos Feder, suporán a construción da primeira Vía Verde da provincia, que conectará Santiago e Cerceda cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril.

antiga estación de carga do ferrocarril en Trasmonte

antiga estación de carga do ferrocarril en Trasmonte

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies