займ срочно

A Comisión de Contas de Oroso decidirá as axudas aos negocios locais

0

Oroso, 8 de maio do 2020 – A Comisión especial de contas do concello de Oroso será a encargada de decidir que axudas poder recibir os negocios locais afectados pola crises do Coronavirus.

A decisión tomouse nun pleno telemático solicitado polo Partido Popular e celebrado onte xoves. Os Populares presentaron unha proposta de axudas aos negocios locais, tanto de rebaixas de impostos como pago de parte de facturas, que recibiu un informe negativo da Intervención municipal.  

O pleno chegou, de todos xeitos, ao consenso de debater que medidas se poden tomar nunha Comisión especial de Contas que se celebrará a vindeira semana. Na Comisión está representados todos os partidos políticos e conta co asesoramento dos servizos xurídicos e técnicos do concello polo que se poderán buscar as vías legais para conceder as axudas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies