займ срочно

Oroso ofrecerá tres anos de bonificacións fiscais ás empresas que se instalen nos seus polígonos e xeren emprego

0

Oroso, 20 de xaneiro do 2018 – As empresas que se instalen nos polígonos industriais de Oroso ou amplíen as súas instalacións poderán ter ata tres anos de bonificacións fiscais sempre que xeren novos postos de traballo no municipio.

Vista aérea do polígono de Sigüeiro

Así consta na proposta que o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, levará á próxima sesión plenaria para modificar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e introducir bonificacións fiscais para os inmobles onde se proceda á implantación ou ampliación dunha nova actividade económica ou empresarial e que sexa declarada de especial interese ou utilidade municipal polo seu fomento do emprego.

Mirás explica que “buscamos que se instalen novas empresas nos polígonos de Sigüeiro e Oroso Pequeno e que xeren cantos máis postos de traballo mellor. Estas bonificacións fiscais, que poden chegar ata o 95% do imposto durante tres anos, súmanse ao atractivo gañado polos nosos polígonos coa apertura do enlace sur da AP-9, pois agora contamos coas mellores comunicacións xa que seguimos a 25 minutos da Coruña pero xa estamos a cinco minutos de Santiago e melloramos as nosas comunicacións co sur de Galicia”.

Bonificacións

As bonificacións que establecerá o Concello de Oroso van desde o 50% ata o 95% do importe a pagar do IBI, dependendo do volume de emprego xerado pola iniciativa empresarial beneficiada. Así, o desconto será do 50% para empresas que xeren ata 10 postos de traballo, de cando menos o 75% para as que creen entre 11 de 20 empregos, e do 95% para as que supoñan máis de 20 novos postos.

As bonificacións concederanse tanto á implantación de novas actividades económicas como á ampliación de instalacións das xa existentes, sempre e cando impliquen a xeración de emprego e estean implantadas no polígono de Sigüeiro ou no de Oroso Pequeno. Este beneficio fiscal deberá ser solicitado pola empresa e o Pleno do Concello decidirá sobre a súa concesión. O prazo para presentar a solicitude será dun ano, contado a partires da notificación da concesión da licenza de primeira ocupación. A bonificación terá unha duración de tres períodos impositivos.

Esta rebaixa supón a inclusión do Concello de Oroso no protocolo “Doing Business Galicia”, subscrito pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia para atraer e incentivar a actividade industrial. A proposta será aprobada na próxima sesión plenaria municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies