Oroso impulsa unha campaña de concienciación sobre saúde e tabaco coa colocación de cinceiros

0

Oroso, 3 de novembro do 2018 – O Concello de Oroso instalou nas últimas datas cinceiros para que os fumadores poidan tirar as colillas en diferentes edificios de uso público (concello, centro de saúde, Policía Local, Centro Cultural, etc.) e en establecementos de hostelería.

A instalación dos cinceiros forma parte dunha campaña de concienciación para que os fumadores eviten tirar as colillas ao chan, o que representa un problema de saúde pública e de contaminación.

Ademais de poñer en risco a saúde de poboación sensible como nenos e maiores, o filtro dos cigarrillos é un residuo moi contaminante. Están compostos maioritariamente por acetato de celulosa e non son biodegradables, o que contribúe a danar o patrimonio natural de Oroso.

O obxectivo do Concello de Oroso con este tipo de accións pasa por humanizar o municipio, mellorando os servizos a disposición dos veciños para acadar entre todos un espazo público limpo, accesible e ao gusto de todos.

Tirar as cavichas ao chan é un xesto feo e un mal exemplo para os nenos e nenas, polo que o Concello de Oroso instalará máis cinceiros a curto prazo e pide a colaboración de tod@s para que a iniciativa sexa un éxito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial