Correndo en solitario polo comercio de Oroso

0

Oroso, 5 de xuño do 2020 – O club de atletismo Tambre, o concello de Oroso e Sigüeiro Vende organizan unha carreira virtual, xa que se corre en solitario, de apoio ao comercio local.

Esta carreira virtual consistirá en 11,4 quilómetros bordeando o río Tambre, con saída e chegada no Refuxio, a completar de maneira individual a calquera hora dende o 8 o 21 de xuño. Os participantes deben cumprir en todo momento as normas de seguridade que as autoridades sanitarias esixan nas 2 semanas que dura o evento.

Cada corredor/a deberá facer o percorrido en solitario e baixo a súa responsabilidade. A inscrición será gratuíta pero haberá que aportar un tícket dunha compra como mínimo de 20 euros nun comercio do Concello de Oroso.

 A proba foi presentada polos concelleiros de Deportes e Comercio, Antonio Leira e Vanesa Boo; Eva Carreira, de Sigüeiro Vende, e David Senra, do Clube Atletismo Tambre. O Concello de Oroso sorteará vales de compra no comercio local entre todos os participantes.

 Haberá unha clasificación virtual individual, que o Club Atletismo Tambre irá publicando nas redes sociais, e os e as participantes poderán repetir o circuíto cantas veces queiran. En caso de mellorar o tempo anterior, cambiaríase na clasificación deixando sempre o resultado máis favorable.

Para poder optar á clasificación virtual e mais a carreira tense que mandar unha foto do tícket dunha compra no Concello entre o 8 e o 21 xuño ao correo: atletismotambre@gmail.com , ou unha mensaxe coa foto ás redes sociais do Club Atletismo Tambre (facebook ou instagram).

É necesario ter un dispositivo GPS para calcular a ruta (tempo e distancia) ou un dispositivo garmin/polar/sunto… e sacar unha foto ao finalizar a proba e mandala á atletismotambre@gmail.com, ou unha mensaxe coa foto as redes sociais do club.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial