Oroso celebra a Semana Cultural 2018

0

Oroso, 23 de agosto do 2018 –  O Concello de Oroso, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza a Semana Cultural, con actos para todas as idades desde este venres ao 8 de setembro.

A semana cultural comeza mañá coas actuacións musicais da Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e a orquestra Pacífico a partir das 21.00 horas.

O luns farase a tradicional excursión ao aquapark de Cerceda e o 29 de agosto, mércores, Aéreos Kanbahiota presentará o espectáculo ‘Vaya Circo’ no exterior da piscina municipal. O xoves, 30 de agosto, os monicreques Fantoches Baj representarán ‘Fabúla Galénica’ tamén na piscina.

O programa continúa o venres 31 de agosto, coa actuación musical de The e o seu Tour Vacanal 2018. O 4 de setembro, de 17 a 20 horas, haberá karaoke, obradoiro de chapas, a barredora, futbolín humano e máquina de flocos de millo no exterior da piscina.

A Semana Cultural inclúe tamén a maxia de El baúl del mago Rafa (5 de setembro) e a actuación musical de A Gramola Gominola, con ‘Cancións para desafinar’ no exterior da piscina municipal o 6 de setembro.

O venres 7 está programada a actuación de Paty Lesta & The Hits. O programa péchase o sábado 8 de setembro con dúas citas: a inauguración da exposición Góis Oroso Arte e o festival folclórico no parque do Carboeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial