займ срочно

Oroso consegue o apoio de Santiago para a circunvalación

0

Oroso, 14 de febreiro do 2020 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reuniuse co de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, do que conseguiu o apoio para a nova circunvalación municipal.

A circunvalación de Sigüeiro aliviará o tráfico polo núcleo urbano máis importante do concello. A reunión, que tamén falaron do transporte metropolitano ou a vía verde, foi cualificada de “cordial e frutífera” por ambos os dous rexedores.

A circunvalación

A nova infraestrutura iría desde a rotonda do polígono (supermercado Familia) ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla, un percorrido que afecta a Compostela e Oroso.  Os dous concellos realizarán xestións co Ministerio de Fomento para que axilice os prazos de execución do proxecto. “Preto do 20% do tráfico que pasa pola N-550 en Sigüeiro é de vehículos pesados, por iso lle pido a Fomento que impulse a nova circunvalación”, lembra Mirás.

Oroso consegue o apoio de Santiago para a circunvalaciónVía verde

Na reunión, falaron tamén da Vía Verde que unirá Santiago e Cerceda, pasando por Oroso, cun sendeiro de 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do ferrocarril. As obras, das que se fará cargo a Deputación da Coruña con 1,86 millóns de euros de fondos Feder, suporán a construción da primeira Vía Verde da provincia.

“É un proxecto polo que levo loitando dende hai 14 anos, xa conseguimos financiación europea a través da Deputación e coido que nesta lexislatura será unha realidade; dará moito do que falar e irá sobre o trazado do ferrocarril entre A Sionlla e Cerceda, que quedou en desuso”, explica o alcalde, Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies