Comezan as obras da futura rotonda da Foca en Oroso

0

Oroso, 23 de setembro do 2019 –  O Ministerio de Fomento deu comezo ás obras da nova glorieta da Foca en Sigüeiro, co obxectivo de que a infraestrutura viaria estea operativa na primavera do 2020.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitou a zona da Foca en compañía do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e de representantes da Demarcación de Estradas e da empresa encargada das obras. “Este proxecto servirá para alixeirar o tráfico, mellorar a seguridade viaria e humanizar a contorna da glorieta”, afirmou Losada.

Oroso obras rotonda da FocaCoa nova glorieta, “evitaremos os atascos que se producen na N-550 ao seu paso por Sigüeiro polos vehículos que van dirección Santiago ou dirección A Coruña, ademais de mellorar o problema que temos cos vehículos pesados”, apuntou Manuel Mirás.

Con relación a este último aspecto, Mirás lembrou que “preto do 20% do tráfico que pasa pola N-550 en Sigüeiro é de vehículos pesados, por iso lle pido a Fomento que impulse o proxecto da nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla”.

Losada comprometeuse a impulsar esta circunvalación, “como fixemos coa glorieta da Foca”. Os traballos que deron hoxe comezo están orzamentados en 140.000 euros e inclúen a reposición da fonte de pedra.

Aproveitando a visita ao Concello de Oroso, o delegado do goberno e o alcalde Manuel Mirás supervisaron tamén o estado dos traballos para consolidar os piares da ponte de Sigüeiro. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial