Oroso reúne a toda a corporación e informa de 17 contaxiados de Coronavirus

0

Oroso, 8 de abril do 2020 – Esta mañá todos os concelleiros da corporación de Oroso mantiveron unha reunión por videoconferencia para analizar a situación actual e informar do número de contaxiados por Coronavirus.

 Os voceiros de PP e Oroso Renovable pediron que puidesen participar os seus concelleiros e, co acordo do grupo de goberno, celebrouse o encontro  de toda a corporación para actualizar todas as medidas postas en marcha pola crise do Coronavirus.

Oroso reúne a toda a corporación e informa de 17 contaxiados de CoronavirusOroso continúa cos labores de desinfección e limpeza das rúas e negocios esenciais, tanto no casco urbano como no rural. O persoal de Protección Civil continuará nos próximos días co reparto de mascarillas ás persoas maiores de 60 anos que o soliciten, os grupos de risco e os establecementos de servizos e produtos de primeira necesidade abertos no concello. Nas próximas datas, o concello conta recibir o pedido de 2.300 mascarillas máis.

 Tamén continúa o reparto de alimentos e medicamentos ás persoas maiores e os colectivos vulnerables. Desde Servizos Sociais organízanse tamén visitas ás persoas que o necesiten e impulsouse o servizo de Teleasistencia da Deputación da Coruña.

17 contaxiados

O Alcalde informou que acaba de recibir os datos desglosados de usuarios do centro de saúde con Coronavirus. Son un total de 17, dos cales 3 son de Trazo, 2 de Santiago, 2 proceden da residencia José Otero (tamén en Santiago) e 2 son traballadores do CHUS de Santiago. Hai outros oito infectados e o centro de saúde informa que unha parte importante deles participaron nunha viaxe do Imserso, no que posiblemente se infectaron. Destas 17 persoas, oito recibirán a alta nesta mesma semana y 1 está na UCI.

Agradecementos

O concello agradece o traballo do persoal do centro de saúde e das forzas de seguridade (Gardia Civil, Policía Local e Autonómica). O concello agradece tamén en particular e “de forma moi afectuosa” o intenso traballo que está a desenvolver Protección Civil de Oroso.

 Agradecementos tamén á Mancomunidade de Ordes, á Xunta e a Deputación da Coruña, que liberou fondos para axudar aos concellos e axilizou a tramitación do servizo de teleasistencia.

 O Concello de Oroso agradece tamén as doazóns das empresas del concello e o comportamento da inmensa maioría da poboación, solicitando responsabilidade aos poucos que non respectan o confinamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial