займ срочно

Oroso crea colonias felinas para os gatos incontrolados

0

Oroso, 18 de agosto do 2018 – O concello de Oroso ven de por en marcha colonias felinas para asegurar o benestar dos gatos que viven na rúa de forma incontrolada.

Na sociedade actual existe un clamor crecente en contra do maltrato animal e a favor do desenvolvemento de políticas proteccionistas. A Lei de Protección dos Animais vixente conleva un incremento das penas contra os maltratadores e promove a creación de colonias felinas controladas nos concellos. Oroso aplicará nos gatos incontrolados o método CES (captura, esterilización e solta) que como explica o alcalde Manuel Mirás “É o máis eficaz para garantir a protección e a dignidade duns animais sans e saneados”.

Os voluntarios de Protección Civil e o grupo de goberno instalou catro casetas nas zonas de concentración de gatos, que harmonizan co entorno e permiten colocar no seu interior comida, composta por penso seco. Deste xeito a comida mantense seca e limpa evitando o efecto antiestético dos recipientes diseminados.  As casetas conseguen fidelizar aos animais cun entorno seguro onde se atopan protexidos, o que favorece a súa captura paulatina, ao non ter medo a ser esterilizados. “O obxectivo final das casetas e do método CES é dotar aos gatos de identidade, vacinalos, desparasitalos e marcarlles as orellas para que se identifiquen como animais esterilizados, sans e controlados”, engade Mirás, que agradece “a colaboración e o control que fará Protección Civil”.

Para as doazóns de alimentos (O idóneo é penso seco) poden chamar a Protección Civil (698 169443).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies