Oroso celebrou o cuarto Festival de Bandas

0

Oroso, 9 de xullo do 2018 – O Concello de Oroso celebrou a cuarta edición do Festival de Bandas, que este ano homenaxeou á Banda de Música de Ordes.

A banda homenaxeada, a de Ordes, ten a particularidade de contar con numerosos músicos veciños de Oroso. No Festival, que se celebrou na igrexa e no campo da festa da parroquia de Senra, organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Asociación de Veciños de Senra e a Deputación da Coruña, participou unha boa parte da veciñanza.

O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Mirás Franqueira, á fronte da corporación municipal. Os actos de homenaxe aos músicos orosáns que forman ou formaron parte da Banda de Ordes foron no palco da música de Senra e deron paso a un xantar de confraternidade.

Tamén se fixo mención especial a Manuel Concheiro, fundador e presidente de honra da Banda e da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Tras o xantar, ás 17:00 horas celebrouse o Festival coas actuacións das bandas de música de Arca e de Ordes. O trío Alborada puxo o punto e final aos festexos cunha verbena.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies