Oroso licita a cuberta da piscina municipal e melloras na área de lecer

0

Oroso, 22 de setembro do 2018 – O concello de Oroso abre período de licitación das obras de construción da cuberta da piscina municipal e obras de mellora na área de lecer anexa.

obras na piscina municipal de orosoOs traballos na cuberta da piscina municipal, incluídos nos orzamentos do presente exercicio, supoñen un investimento de máis de douscentos mil euros. O alcalde Manuel Mirás explica que “Os traballos que poñeremos en marcha servirán para albergar máis actividades, ademais de estender o uso da piscina a outras épocas do ano coa cuberta. As obras xa están adxudicadas, cada vez son máis os usuarios e as actividades que organizamos no complexo da piscina, polo que queremos dotar ás instalacións de varias melloras”.

A campaña de verán de Sigüeiro foi este ano un éxito, con centos de persoas participando nos cursos de natación e nas actividades organizadas polo Concello. O exterior das instalacións foi o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís. O Concello de Oroso ten un orzamento municipal para o ano 2018 de 6.867.713 euros, dos que destina o 28% a novos investimentos e infraestruturas (1.923.189 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial