займ срочно

A Aula Mentor EducaOroso organiza cursos Cisco CCNA e introdución ao sistema Linux

0

Oroso, 17 de xaneiro do 2018 – O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, abre o prazo de inscrición nos módulos 1, 2 e 3 do curso Cisco CCNA 6 e no módulo 4 do CCNA 5, ademais dun novo curso formativo: “Linux Essentials”, de introdución ao sistema operativo Linux.

A matrícula poderase realizar na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950 dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro. 

Os CCNA Cisco son unha certificación internacionalmente recoñecida como un estándar da industria para o deseño e soporte en redes LAN e Wan, que garanten que os estudantes certificados gozan dun alto nivel de coñecementos. Uns cursos que, a diferenza da flexibilidade do resto da oferta formativa da Aula Mentor EducaOroso, teñen uns prazos máis ríxidos e que comezarán a impartirse o próximo 12 de febreiro, polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 5-11 de febreiro.

Nesta ocasión, a Aula Mentor EducaOroso ofrece o itinerario Cisco CCNA6 (módulos 1, 2 e 3) e CCNA5 (módulo 4). Dende o Concello de Oroso lembran que para matricularse nun módulo é requisito imprescindible ter superados os módulos anteriores.

Linux Essentials

Ademais, a Aula Mentor EducaOroso presenta unha nova oferta formativa: “Linux Essentials”, un curso de introdución sobre o sistema operativo Linux que foi desenvolvido por NDG e que se imparte na Academia de Cisco. Este curso ten unha duración de 4 meses, durante os cales é necesario ter activa a matrícula permanentemente na Aula Mentor EducaOroso.

As datas de matrícula son as mesmas que para a convocatoria Cisco CCNA: dende hoxe ata o 8 de febreiro. As actividades docentes do curso comezarán o 19 de febreiro polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 14-18 de febreiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies