Oroso dedica o remanente de tesourería a distintas obras

0

Oroso, 24 de xaneiro do 2019 – Oroso executa desde hai semanas, ou sacou a licitación, para a súa execución inminente diferentes obras de mellora do alumeado público e o abastecemento de auga nas parroquias do municipio, cun investimento conxunto de 77.000 euros.

Un dos traballos en execución é o da instalación de dúas novas bombas de bombeo na rede de abastecemento de auga na parroquia de Deixebre (investimento de 23.282,85 euros). Trátase de aumentar a presión da auga e a súa potencia, mellorando o servizo a veciñanza dos lugares de Os Carballos, Vilar de Abaixo e Vilar de Arriba.

Tamén está prevista a curto prazo unha obra de mellora da rede de abastecemento nos núcleos de O Cachopal e Sar, na parroquia de Os Ánxeles (o investimento previsto é de 18.629,85 euros).

Ao marxe do abastecemento, o Concello de Oroso aprobou un orzamento de 35.000 euros para investir no alumeado público das parroquias, tanto na instalación de novos puntos de luz como na reforma das instalacións xa existentes. “Son necesidades que xorden na maioría dos casos das demandas veciñais”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Estas actuacións realízanse con cargo ao remanente de tesourería do Concello de Oroso, xa que a situación de superávit municipal permite ao grupo de goberno mellorar os servizos tanto no centro como nas parroquias. “O Goberno central non permitiría estas obras se non tivésemos unhas contas saneadas”, engade Manuel Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial