Deputación e concello de Oroso preparan a transferencia da avenida da Grabanxa

0

Oroso, 5 de setembro do 2019 – O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reuniuse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, para falar da avenida da Grabanxa e a futura transferencia ao concello.

A reunión tivo lugar na Deputación provincial, na Coruña, en tamén estivo presente o concelleiro e deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira. O alcalde solicitou ao presidente distintas melloras do tramo urbano da estrada DP 3801 (avenida da Grabanxa), unha das arterias principais de comunicación do municipio que da acceso a varios centros educativos, instalación deportivas coma o pavillón municipal e á Casa do Concello, ademais de servir como vía principal de comunicación co norte do municipio e cunha urbanización na que residen arredor de 1.000 persoas.

Oroso Deputación reunión avenida da GrabanxaMirás mostrou a disposición do goberno municipal a facerse cargo da titularidade do vial, dado o seu carácter eminentemente urbano, unha vez efectuadas estas melloras, que buscarían humanizar o entorno e mellorar a seguridade. Pola súa banda, González Formoso comprometeuse a estudar o proxecto e  sinalou que a petición de cesión será tida en conta dentro do paquete de transferencias de viais que o servizo de Vías e Obras prepara en diversos concellos da provincia.

O presidente destacou tamén o importante investimento que a Deputación leva realizado xa noutros tramos deste mesmo vial para a mellora da seguridade peonil, cun investimento de 400.000 euros para a construción de dúas sendas que garanten a seguridade nos desprazamentos a pé dos veciños.

Compromiso co Camiño Inglés

Valentín González Formoso e Manuel Mirás falaron tamén de distintas accións para mellorar o Camiño Inglés, o itinerario xacobeo que máis medra en número de peregrinos que o percorren cada ano, e que ten unha importante incidencia no municipio de Oroso.

Mirás, que preside tamén a Asociación de Concellos do Camiño Inglés que integra a 14 dos 18 concellos polos que discorre o itinerario, destacou o compromiso da Deputación da Coruña neste ámbito nos últimos catro anos e avanzou unha próxima reunión dos municipios no mes de outubro. O encontro servirá para programar e coordinar actuacións en base á auditoría de necesidades do Camiño realizada pola institución provincial, así como para planificar as vindeiras accións do ciclo “Primavera no Camiño” de 2020.

O alcalde invitou ao presidente a realizar unha visita institucional a Oroso nos vindeiros meses para supervisar diferentes infraestruturas executadas co apoio técnico e económica da Deputación da Coruña no municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial