Oroso reclama parte do canon da auga como axuda a economía local

0

Oroso, 29 de maio do 2020 – O pleno municipal de Oroso reclama da Xunta que se use o 50% do recadado co canon da auga a medidas de apoio á economía local.

O canon da auga é un imposto activo desde xullo do 2012 que se destina a financiar o traballo medio ambiental de Augas de Galicia. A moción foi presentada polo Psoe e o seu voceiro, Antonio Leira, quen dicía que ” Os veciños e veciñas de Oroso fan un esforzo importante desde hai sete anos a través do canon da auga, pero o concello non recibiu nin un só euro dos máis de 700.000 recadados pola Xunta”.

Chamamento ao Goberno Central

O pleno municipal non só reclamou apoio da Xunta. Noutra das mocións fíxose un  novo chamamento “para que o goberno cambie dunha vez a lexislación e os concellos poidan investir os fondos dos remanentes en beneficio da veciñanza” en palabras  do alcalde, Manuel Mirás. Oroso pechou o ano 2019 con superávit e un remanente de tesourería de 849.128,48 euros, unha situación que reflicte a boa xestión económica municipal, pero Mirás lamenta que “os veciños non poidan disfrutar de melloras que poderiamos executar con eses fondos, que están inactivos nas entidades financeiras”.

Educación

Por último, o concello pediu á Consellería de Educación a segunda liña de ensino pendente no CEIP Camiño Inglés, máis necesaria que nunca na actual situación. O Concello lembra que, á espera de que as outras administracións cumpran, impulsou nas últimas datas un programa de conciliación que favorecerá a empresas e familias, e presentará unha plataforma dixital gratuíta de apoio ao comercio local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial