Oroso engade ao POS melloras na rede viaria e na de saneamento e abastecemento

0

Oroso, 16 de novembro do 2018 –  O Concello de Oroso incluirá nas partidas do POS+2019 diferentes obras valoradas en 711.925 euros para mellorar a rede viaria no conxunto do municipio, o saneamento e a rede de abastecemento, entre outros proxectos.

A mellora da rede viaria centrarase nos lugares de Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), rúa Telleira, rúa Toxeira, avda. Compostela e rúa Portiño, en Sigüeiro (122.557,19 euros), A Igrexa e Cas (Os Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa, en Trasmonte (275.672,04 euros), Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e Carollo e Requeixo, en Cardama (138.309,11 euros).

A ampliación de rede de saneamento irá desde o núcleo de poboación de Os Carballos ata Vilar de Arriba, en Deixebre (139.241,39 euros) e desde o núcleo de poboación de Sar ata o núcleo de poboación de Cabanas, en Os Ánxeles (36.146,61 euros).

Con respecto a estas melloras o alcalde Manuel Mirás explicaba que “O rural do concello recibirá unha parte moi importante dos investimentos, que tamén se destinarán a melloras en Porto Avieira, a facer unha nova senda peonil e a traballos en Sigüeiro. Con estas obras e as que incluiremos nos orzamentos municipais do 2019, seguimos dando pasos para mellorar os servizos básicos, satisfacendo as demandas dos veciños e aumentado a súa calidade de vida”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial