Oroso entregou os premios da Cultura e de investigación do Camiño Inglés

0

Oroso, 10 de xuño do 2019 –  O Concello de Oroso celebrou a VI Gala da Cultura no transcurso da cal fixo entrega dos galardóns de apoio a cultura e de investigación sobre o Camiño Inglés.

Nesta ocasión, recibiron un galardón a empresa La Bellota polo seu apoio á cultura, Alfonso Sánchez Velazco na categoría de Promesa, a asociación Néboas do Cumio e Manuel Vázquez Alemán, neste caso pola súa traxectoria. A gala serviu ademais para entregar os premios dunha nova edición do certame de investigación sobre o Camiño Inglés e do concurso ‘Escríbelle unha carta a Cosme III de Médicis’.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegurou na súa intervención que “a nosa aposta pola cultura seguirá, pola súa capacidade de formación e porque xera emprego. Somos un concello que está agora mesmo no mapa cultural, tamén grazas ao Camiño Inglés”, lembrou.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura de Oroso, Luís Rey, agradeceu “a participación dos veciños e veciñas de Oroso, que sodes os que acudides de forma masiva ás actividades culturais que organiza o concello; a cultura debe ser un servizo público, pero nada do que facemos tería sentido se non houbese interese pola vosa parte. Para o Concello de Oroso, a cultura non só é unha prioridade, se non que tamén é unha responsabilidade; a cultura é unha garantía para educar e formar ás novas xeracións, por iso apostamos pola promoción da lectura, a música ou o teatro desde idades moi temperás”.

A gala forma parte de ‘Mergúllate na Cultura’, que ata o mes de xullo leva a Oroso concertos, obras de teatro, exposicións e obradoiros para todas as idades. Haberá tamén actividades no exterior da piscina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial