Alcaldes. Oroso, Manuel Mirás

0

Falamos con outro dos veteranos das alcaldías da bisbarra, Manuel Mirás en Oroso, que xa en 1991 accedeu ao cargo de rexedor.

Mirás tivo de todo en estes anos. Gobernou con maioría absoluta, liderou unha moción de censura contra o popular Eugenio Neira,  presentouse polo CDS nunha ocasión e como candidato socialista goberna na actualidade co apoio do BNG.

Alcaldes. Oroso, Manuel MirásOroso é dos poucos concellos da bisbarra que mantén poboación, incluso crece. Coa apertura da autoestrada en dirección a Santiago reforzouse como lugar de residencia e a futura variante da nacional acabará convertendo o núcleo de Sigüeiro nunha urbe máis humanizada.

Pero na actualidade hai que falar dun ano moi complicado e dun futuro a medio prazo cheo de incerteza. Manuel MIrás explica que nunca se viviu unha crise de esta magnitude e que os concellos tiveron que “buscarse a vida” ante os distintos erros das outras administracións

Para o alcalde de Oroso esta pandemia deixou en evidencia as debilidades do sistema sanitario. É especialmente crítico coa xestión feita polas comunidades autónomas e destaca o traballo feito polas distintas corporacións municipais

Alcaldes. Oroso, Manuel MirásDestaca tamén en especial o esforzo dos membros de Protección Civil do concello, unha agrupación cuxo traballo viuse recompensado pola confianza que os veciños demostraron ter en eles

Dentro dos concellos, salvo moi poucas excepcións, a colaboración entre os partidos políticos foi absoluta. Mirás vota de menos que sucedera o mesmo entre concellos e que se puidera comprar material en conxunto como sucedeu en outras partes de España

Alcaldes. Oroso, Manuel MirásEsa colaboración entre concellos é. si cabe, máis necesaria no eido do turismo. Si a estadía en Compostela é de pouco máis de dous días a promoción conxunta de toda a área podería incrementar ese tempo. Manuel Mirás é o presidente da Asociación de concellos do Camiño Inglés no que ese traballo si que se está facendo

O alcalde de Oroso é optimista con respecto ao futuro, usa unha frase moi manida pero certa “de peores saímos”. O rexedor fai un exercicio de memoria para por en valor o traballo das anteriores xeracións

Para esa recuperación os concellos necesitarán poder usar os fondos que teñen sen restricións ou con moitas menos. O remanente de tesourería é un debate sen pechar moi dificil de explicar aos veciños

Alcaldes. Oroso, Manuel MirásComo en outros concellos a principal festa, A da Troita, tivo que suspenderse. Aínda así fíxose un chamamento para unha celebración desde casa e agora que se ve a luz ao final do túnel non se descarta que en setembro ou outubro se recupere unha parte do evento

Aínda que o concello foi dos que máis evolucionou de toda a bisbarra, especialmente o núcleo de Sigüeiro, sempre sorprende a cantidade de proxectos que ten enriba da mesa e a importancia dos mesmos; piscina climatizada, sendas peonís, a variante da nacional…

Alcaldes. Oroso, Manuel MirásManuel Mirás non só é un bo coñecedor do seu concello, o é da bisbarra e da política local. Atesoura ademais unha virtude escasa en estes tempos de urxencias: é prudente; cando dedica tempo a falar de algo un pode estar seguro de que o que di ten pouco debate posible. Nun momento tan crucial como o actual a súa experiencia, e sobre todo o traballo feito en Oroso, deberían ser unha referencia da que tirar partido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial