займ срочно

Os cativos do Summer Camp de Oroso inauguran unha mostra de escultura creativa

0

Oroso, 21 de agosto do 2017 –  Os rapaces do Summer Camp, o programa de conciliación familiar e laboral que o Concello de Oroso desenvolve durante estas vacacións escolares, inauguraron unha exposición de escultura creativa no Centro Cultural de Sigüeiro. 

A mostra permanecerá aberta para todo o público que desexe visitala ata o vindeiro 30 de agosto.

Na apertura da exposición, os vinte e cinco participantes nestes campamentos estiveron acompañados pola concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro, e polo concelleiro de Cultura, Luis Rey. Os dous felicitaron os cativos e cativas pola creatividade demostrada nas obras expostas e confirmaron con eles a satisfacción polo desenvolvemento do ‘Summer Camp’, organizado en colaboración coa Escola Con Talento.

Unha vez declarada aberta a exposición, xa cos primeiros visitantes na sala, os nenos e nenas que acudiron ao acto compartiron unha merenda alí mesmo, con diversos petiscos, froita, doces e zumes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies