A Festa da Troita de Oroso celébrase desde casa

0

Oroso, 28 de abril do 2020 – O concello de Oroso non quere deixar pasar a Festa da Troita e propón aos veciños lembrala desde as casas.

Nunha recente publicación o concello lembraba que nun par de semanas a Festa da Troita tería que celebrarse se non se cancelara por mor da pandemia. Ao mesmo tempo propoñía aos veciños iniciativas para celebrala na casa.

A idea do consistorio e converter os balcóns e fiestras nunha homenaxe á festa máis importante do ano no concello. O reto é decoralas con con debuxos, murais, figuras, cores… coa finalidade de crear un “ambiente festivo e animar as nosas rúas”.

O concello habilitou tamén unha dirección de correo, troita@oroso.gal, para que se remitan imaxes e poder publicalas nas redes e facer un vídeo promocional da Festa da Troita de cara ao ano que vén.

A Festa da Troita de Oroso celébrase desde casa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial