Oroso nomeu fillo predilecto a José Miguel Couselo Sánchez

0

Oroso, 26 de novembro do 2018 –  José Miguel Couselo foi nomeado Fillo Predilecto do Concello de Oroso, no transcurso dun emotivo acto na casa da cultura no que tamén recibiu a Insignia de Ouro do municipio.

Diante dunha ateigada sala chea de familiares, amigos e veciños, o xefe da Sección de Pediatría da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), José Miguel Couselo, lembrou a súa infancia e agradeceu o galardón “Nacín nunha aldea tan pequena que se chama Oroso Pequeno, nunha familia económica, social e culturalmente humilde, pero moi rica en valores de amor, respecto, solidaridade e lealtade. Quero  expresar  os meus sentimentos neste instante: ledicia, gozo, orgullo e satisfacción de ser nomeado fillo predilecto deste Concello; é para min unha gran honra e síntome moi honrado por este nomeamento”.

Pola súa parte, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, falou “do agarimo, a admiración e o respecto co que os nosos veciños e veciñas acolleron a decisión unánime de conceder esta distinción por parte da corporación municipal; hoxe é un día moi especial para todos.

Aínda que en boa medida son os innumerables méritos profesionais de José Miguel os que provocaron esta distinción, moi por encima diso hoxe estamos aquí para homenaxear á persoa, o amigo, o veciño de Oroso que naqueles anos 50 do pasado século xogaba cos seus amigos no campo da Igrexa da Gándara”, asegurou Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial