займ срочно

Góis Oroso Arte 2020 inaugurouse en Portugal

0

Oroso, 13 de xullo do 2020 – Preto dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita en Portugal para inaugurar a edición 2020  do Góis Oroso Arte.

A exposición, que chegará a Oroso no mes de setembro, foi inaugurada pola presidenta da Cámara de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira, e polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Góis Oroso Arte 2020 inaugurouse en PortugalEn palabras do alcalde “A dura pandemia marcará para sempre este ano 2020, pero tanto en Oroso como neste municipio irmán de Góis tivemos claro desde un primeiro momento que o certame internacional de arte tiña que celebrarse e cumprir 15 anos, 24 no caso de Góis Arte, ao que uniuse Oroso cando xa levaba nove edicións”. tanto Mirás como Lurdes Oliveira destacaron “a calidade das obras e a importancia de estar hoxe aquí, todos xuntos, despois duns meses moi duros polo Coronavirus”.

Óleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes en GóisOroso Arte, con obras de artistas de 15 países diferentes.

Góis Oroso Arte 2020 inaugurouse en Portugal

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies