Oroso homenaxeou un ano máis a raíña do río na XXII Festa da Troita

0

Oroso, 14 de maio do 2018 – O Concello de Oroso celebrou o día grande da XXII edición da Festa da Troita, cunha xornada con xantar popular e verbena na alameda de Góis á que asistiron milleiros de persoas.

A xornada central da Festa da Troita comezou con baile e música nas rúas grazas á Charanga Mekánika e á Asociación Folclórica Buxos Verdes. O mago Romarís levou as súas ‘Iusións Ópticas’ á praza Isaac Díaz Pardo, cun espectáculo para todas as idades. Desde ás 12:30 horas houbo degustacións de troita grazas á colaboración dos establecementos de hostalaría de Oroso e o pregón deste ano correu a cargo de Xosé Regueira, deputado responsable de Turismo na Deputación da Coruña. Regueira falou na súa intervención da troita e do Camiño Inglés a Compostela que ten que servir, dixo, como dinamizador dos concellos polos que pasa

Despois, celebrouse a entrega de premios dos campionatos de pesca e a sesión vermú coa Orquestra Marbella, como paso previo ao xantar popular na carpa da alameda de Góis.

Pola tarde, rematou a edición deste ano da Festa da Troita cunha verbena coas orquestras Marbella e os Satélites. Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, Oroso foi unha vez máis este fin de semana capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia. Oalcalde, Manuel Mirás, agradeceu “o esforzo dos veciños e veciñas de Oroso, pola súa participación nesta festa e polo agarimo co que trataron aos visitantes que encheron as nosas rúas” e dixo que “Como alcalde de Oroso, estou na obriga de dar como cada ano as grazas a todas aquelas persoas que traballaron moi duro durante moitos meses para que a festa fora un éxito: a todo o meu equipo de goberno, o persoal do concello, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, músicos invitados e expositores”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies