Oroso humaniza o concello con novo equipamento

0

Oroso, 11 de decembro do 2018 – O centro urbano de Sigüeiro e as parroquias de Oroso están sendo humanizadas estes días con novo equipamento como marquesiñas ou bancos.

Nas últimas semanas instaláronse tres novas marquesiñas nas paradas do autobús escolar, unha das infraestruturas máis demandadas polos veciños, e nos próximos días continuarase coa instalación dalgunhas máis.

Tamén se colocaron novos bancos nas sendas para facilitar o descanso dos peóns, así como papeleiras e macetas. Según o alcalde Manuel Mirás “É unha obriga para o concello mellorar os servizos que lle damos aos nosos veciños, recollendo as peticións dos residentes no centro e nas parroquias para facilitar a súa vida diaria”.

Nas últimas semanas, o Concello de Oroso instalou tamén novas sinais viarias, algunhas delas nos pasos de cebra, co obxectivo de mellorar a seguridade tanto dos automóbiles como dos peóns. Estas medidas únense a outras xa anunciadas, como os cinceiros para as cabichas que o Concello de Oroso instalou nos edificios públicos, para concienciar aos fumadores dos riscos para a saúde e o medio ambiente polo feito de tirar as cabichas ao chan.

“Humanizar Oroso para que sexa un lugar mellor é tarefa de todos, pero desde o concello temos que facilitar este obxectivo coa renovacións constante das infraestruturas e dos servizos”, engade Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial