Oroso aposta pola prevención da conflitividade

0

Oroso, 8 de outubro do 2019 – O concello de Oroso ven de iniciar un programa de prevención da conflitividade e a exclusión social coa colaboración de Igaxes e La Caixa.

Igaxes é unha ONG centrada na protección e a axuda a infancia en Galicia. Os obxectivos son a creación dun clima seguro, sen conflitividade, e unha educación de calidade e condicións de igualdade.

Traballo en rede

Carlos Rosón, representante da organización, reuniuse coa concelleira de Servizos Sociais e Ensino de Oroso, Isabel Fernández, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora da oficina de La Caixa, Ana Patricia Rodríguez. Rosón explicaba que  “Facemos un traballo en rede co mozo ou moza que necesita axuda, as familias e os técnicos de Servizos Sociais, aplicando en cada caso concreto a forma de actuar máis recomendable”.

oroso prevención da conflitividadeA concelleira encargada do programa, Isabel Fernández, destacou “o traballo en rede desta iniciativa e a parte de prevención en temas como a drogodependencia, sexualidade, igualdade ou bullyng, implicando tamén a outros rapaces como mediadores en determinados conflitos”.

Rodríguez manifestou que era “un orgullo” para La Caixa participar neste tipo de iniciativas, un esforzo que agradeceu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, “así como o traballo que se fai desde Servizos Sociais”.

“Cando hai un problema decidimos se a mellor forma de afrontalo é con titorías personalizadas, cunha actuación de toda a familia ou a través da mediación; cada caso é diferente e despois facemos un seguimento no tempo para comprobar que vai todo ben”, engadiu Carlos Rosón.

O obxectivo principal é favorecer o proceso de integración escolar, familiar, social e laboral, para o cal as actividades adaptaranse ás necesidades e características individuais. Este programa Aleida levaráse a cabo no IES de Oroso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial