Oroso mostrará ó concello con imaxes aéreas

0

Oroso, 16 de novembro do 2017 –  O Concello de Oroso vén de adquirir unha vintena de imaxes aéreas do municipio, coas que ten previsto organizar en próximas datas unha exposición fotográfica no centro cultural Fernando de Casas e Novoa.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosouse moi satisfeito polo resultado final do traballo levado a cabo pola empresa Aerosar Imágenes Aéreas, “especialmente polo feito de ter que traballar con moitas máis restricións das habituais, debido á proximidade do aeroporto de Lavacolla”.

Responsables de Aerosar Imágenes Aéreas presentaron o seu traballo ante os concelleiros da Xunta de Goberno, que coincidiron en salientar tanto a beleza das imaxes como “o ben que amosan a gran evolución e crecemento experimentado por Oroso en xeral, e Sigüeiro en particular”, apunta Mirás Franqueira. Unhas imaxes que serán presentadas á veciñanza a través dunha exposición fotográfica canda unha serie de imaxes aéreas dos anos noventa e que actualmente están na casa consistorial de Sigüeiro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies