Oroso organiza un curso gratuíto de Iniciación á Impresión 3D

0

Oroso, 11 de maio do 2017 – O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de Iniciación á Impresión 3D.

O cutros terá lugar os días 16, 18, 23 e 25 de maio, en horario de 10:30 a 12:00 horas. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 981 688 950 ou na web https://cemit.xunta.gal/centro/53.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran introducirse no mundo da fabricación dixital e manexo das impresoras 3D, xa que non fai falla ter coñecementos previos específicos. Proponse un achegamento de carácter teórico ao mundo da impresión 3D para facilitar o deseño e execución dalgunha peza en seguintes sesións. Así, o alumnado aprenderá a preparar os modelos para a súa impresión, a escanear en 3D a partir de fotografías e a coñecer as ferramentas precisas para o modelado e a impresión en 3D.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies