Inaugurada a nova edición do Oroso Góis Arte

0

Oroso, 9 de setembro do 2019 – Cerca dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internacional Oroso Góis Arte, que pode visitarse estes días no centro de saúde de Sigüeiro.

Oroso Góis ArteOroso Góis Arte foi abriu coa presenza do alcalde, Manuel Mirás, e a presidenta da Cámara de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira. Ambos destacaron “a calidade das obras e a importancia do irmandamento entre ambos concellos, que vai máis alá da cultura”.

Oroso Góis ArteO alcalde engadiu que colaboran “en temas de igualdade, sociais, prevención de incendios, intercambios de mozos e mozas e por suposto cultura; a relación co concello de Góis está moi consolidada e nos aporta moitas cousas”.

Nas intervencións previas á inauguración da mostra, composta por unhas 70 obras de temática e disciplinas variadas, a conselleira de Cultura de Oroso, Vanesa Boo, falou “do crecemento deste certame, xa que cada día son máis os e as artistas de diferentes países interesadas en participar”. O alcalde orosán agradeceu tamén a participación dos artistas neste certame, xa que “sen vós isto non sería nada. A cultura serve para a unión dos pobos, para construír pontes ao entendemento, para o noso grupo de goberno é unha prioridade desde hai moitos anos”.

Oroso Góis ArteÓleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes na mostra que este ano ubícase no centro de saúde polas obras de ampliación do centro cultural. Tanto o alcalde como a concelleira de Cultura agradeceron a boa disposición dos responsables das instalacións sanitarias.

Escultura e concerto

Oroso Góis ArteAntes da mostra, inaugurouse unha estatua de homenaxe á muller labrega nas rúas de Sigüeiro. Santiago Martínez, un dos seus autores, apuntou que “foi un traballo de tres anos, quixemos representar a unha muller apoiada na súa ferramenta de traballo no campo, é unha homenaxe ás mulleres que tanto traballaron e traballan no rural”.

Oroso Góis Arte

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial