Oroso abre o prazo de inscrición nas actividades para maiores

0

Oroso, 27 de setembro do 2017 –  O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas actividades para maiores no curso 2017/2018, que terán lugar entre os meses de outubro e xuño e serán todas de balde.

O prazo para anotarse nas actividades para maiores estará aberto ata o 4 de outubro no Departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte nº 9) ou no teléfono 981 688 950.

A oferta do Concello de Oroso para os seus maiores inclúe ximnasia (no centro cultural de Sigüeiro e nos locais sociais das parroquias de Trasmonte, Senra e Os Ánxeles), informática (na Aula de Informática de Sigüeiro) e taichí, obradoiro da memoria e música e movemento (no centro cultural de Sigüeiro). É preciso a inscrición dun mínimo de 10 persoas para a realización de cada actividade.

Para anotarse é preciso ter máis de 60 anos, estar empadroado en Oroso, non estar afectado por ningunha enfermidade infecto-contaxiosa e que a actividade solicitada sexa compatible co estado de saúde do solicitante. Estes cursos están organizados polo Concello de Oroso en colaboración coa Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial