Oroso aproba investimentos en obras por máis de 600.000 euros

0

Oroso, 21 de xuño do 2018 – O superavit do 2017 suporá unha inversión en Oroso de máis de 600.000 euros en 10 obras das que destaca a ampliación do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

O grupo socialista rexeitou unha alegación presentada por un particular, último trámite pendente para darlle luz verde aos proxectos de obras. En palabras do alcalde, Manuel Mirás, “Temos unhas contas saneadas e un remanente de tesourería que nos permite realizar novos investimentos, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”.

Das obras aprobadas na sesión plenaria, a máis importante é a da ampliación do centro cultural Casas Novoa (400.000 euros). Outros traballos serán a mellora do pavimento da rúa Otero Pedrayo, no parque empresarial de Sigüeiro (53.783,54 euros); o bombeo na rede de abastecemento de auga no lugar dos Carballos-Deixebre (23.282,85 euros); e a ampliación da rede de abastecemento de auga nos núcleos de poboación de O Cachopal e Sar (Os Ánxeles), por 18.629,85 euros.

Tamén se incluirán en esta partida a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público na avenida de Compostela (26.399,15 euros); a ampliación do alumeado público nas parroquias de A Gándara, Villarromarís, Deixebre, Trasmonte e Oroso (58.600,15 euros); e o acondicionamento do espazo da antiga escola vella de Oroso e o seu entorno (30.000 euros).

Por último, haberá un adecentamento parcial do pavimento do parque infantil (16.129,76 euros); ampliarase a potencia eléctrica do CEIP Sigüeiro (12.705 euros), e o concello fará unha instalación eléctrica na pista de padel (5.445 euros).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies