Oroso aproba investimentos no rural de 900.000 euros

0

Oroso, 13 de xullo do 2018 –  As parroquias do rural de Oroso verán nos próximos meses o comezo de inversións por importe de 900.000 euros destinas a mellorar os seus servizos.

Moitos dos proxectos que se acometerán no rural inclúense no Plan de Obras e servizos da Deputación e outros serán asumidos con fondos propios. O prazo de comezo das obras que se marca o concello de de dous meses.

Entre os traballos a desenvolver destacan os 327.000 euros que irán destinados a mellorar os camiños e vías con traballos de aglomerado e asfaltado en Piñeiro; A Costa e Zan (Trasmonte); Piñeirón; A Falmega; A Igrexa (A Gándara); Mixoi; Castiñeiro Redondo e a Urbanización Porto Avieira.

Destinaránse 106.000 euros ao aglomerado da pista que une Cachopal coa igrexa de San Mamede e 20.000 euros para a acometida de auga de Cachopal a Sar. Tamén comezarán os traballos da senda de acceso ao refuxio  que suporán 125.768 euros.

Outra partida de 70.000 euros irá á primeira fase da pista da parroquia de Senra (de Couso a Ponte Carollo); 50.000 euros para as beirarrúas de O Barreiro; e 55.000 euros para os accesos ao polígono de Sigüeiro.

Por último, investiranse 60.000 euros para as obras de ampliación da escola infantil Ulloa (xa comezadas), e dúas partidas de 60.000 e 18.000 euros para as reformas da rúa Ulloa e o parque infantil de Sigüeiro.

O alcalde Manuel Mirás explicaba que “Cumprimos o noso programa e escoitamos as demandas dos veciños. Estamos ademais satisfeitos pola situación saneada das contas do concello, que nos permite ter un ritmo constante de obras de mellora de servizos en todo o concello”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies