Un concelleiro socialista de Oroso denuncian presións para apoiar unha mocións de censura

0

Oroso, 30 de xullo do 2020 – O concelleiro socialista Javier Grela denuncia no pleno de Oroso chamadas e presións dos partidos da oposición para forzar unha moción de censura e esixe “xogo limpo e respecto ás normas”

 Grela denunciou no apartado de rogos e preguntas do último pleno municipal,  celebrado esta mañá. no Concello de Oroso “presións e chamadas” dos partidos da oposición para forzar unha moción de censura. O concelleiro expresou o seu malestar polas chamadas que recibe desde o comezo da lexislatura desde o entorno do Partido Popular e Oroso Renovable.

“Pídolles que respecten as normas, hai que xogar limpo, estamos nunha democracia e xa terán vostedes oportunidade de gañar nas próximas eleccións”, afirmou Grela, visiblemente molesto polas chamadas que recibiu, sobre todo de persoas vinculadas co PP nas últimas datas.

 Apoio do partido

O Psoe de Oroso expresou nas últimas horas o seu apoio “Desde a agrupación socialista de Oroso queremos manifestar a nosa solidariedade con Javier Grela, uníndonos a súa petición de respecto, non todo vale”.

Javier Grela dixo tamén que “Oroso ten un goberno estable que traballa cada día para mellorar a vida dos veciños e veciñas, é o noso compromiso e así seguirá ata as eleccións do 2023”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial