займ срочно

O Camiño Inglés pasou por Fitur

0

Oroso, 25 de xaneiro do 2020 – O concello de Oroso achegouse a Fitur para promocionar o Camiño Inglés e o patrimonio natural do concello.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Turismo e deputado provincial, Antonio Leira, participaron nos actos do Día de Galicia en Fitur e mantiveron reunións traballo con representantes do Concello de Madrid e da Casa de Galicia.

Oroso é un dos grandes impulsores do Camiño Inglés. O alcalde Manuel Mirás é o actual presidente da Asociación de concellos polos que transcorre. Hai interese por parte do Concello de Madrid pola promoción da ruta xacobea e incluso por acoller algunha das actividades de “Primaveira no Camiño”.

O Camiño Inglés pasou por FiturPor outra parte, Mirás e Leira mantiveron varias reunións con diferentes touroperadores turísticos, interesados polo potencial histórico e de natureza de Oroso, ademais de pedir información sobre eventos como a Festa da Troita.

O Camiño Inglés pasou por Fitur“Cada ano son máis as entidades e persoas interesadas en Fitur polos atractivos paisaxísticos, patrimoniais e culturaís que temos en Oroso”, asegura Mirás. “Temos un concello que hoxe en día está no mapa turístico pola súa gastronomía e a natureza”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies